37994-1-1373839280

Alexander J. Velicky, de 19 anos, valeuse da colaboración de 100 persoas, (incluíndo 30 actores de dobraxe), para dar vida a Falskaar, un novo territorio insular de grandes dimensións con 26 novas misións, incluíndo unha trama principal dunhas nove horas de duración. Para crear este mod, o autor adicou unhas 2.000 horas ao longo dun ano de duro traballo, coa intención de dar un paso adiante entre a comunidade de Modders de Skyrim e atraer a atención da compañía na procura dun utópico emprego na industria.

As dimensións de Falskaar son en torno a unha terceira parte da superfície de Skyrim, nas que o seu creador despregou novas armas e armaduras, dous novoxs conxuros e até un novo berro. Por se fora pouco Falskaar conta coa sua propia banda sonora e novas cancións de bardos. O autor asegura que testou concienzudamente o mod para evitar incompatibilidades e bugs antes de publicalo, e de feito atópase xa entre os mais valorados polos usuarios do Nexus de Skyrim.

O froito do traballo de Velicky e os seus colaboradores pódese descargar en Nexus aqui.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario