Rebaixas no «Steam Summer Sale»

Por: Venres, 12 de Xullo de 2013

steam-logo
Como ven sendo habitual, Valve acaba de lanzar a habitual campaña de descontos do verán coñecida como «Summer Sale».

Con descontos de ata o 75% en centos de xogos, os usuarios poderán aproveitar para mercar xogos como o “Bioshock Infinite” (24,99 €), “Elder Scrolls V: Skyrim – Legendary Edition” (29,99 €), “Counter-Strike: Global Offensive” (7,36 €) ou “Grid 2” (29,99 €).

Se queredes comprobar os xogos que están agora mesmo de rebaixas, visitade a páxina oficial. As rebaixas estarán dispoñibles ata o vindeiro 22 de xullo e en cada xogo durará soamente un día (ofertas diarias) ou 8 horas (ofertas flash), así que non vos esquezades visitar a páxina a miúdo para ver os xogos que están ese día de oferta.

Tamén hai o “Community’s Choice Voting Sales” onde os usuarios poden votar para escoller que xogo queren que os de Steam poñan de rebaixas, durante un período de 8 horas. Agora mesmo, no momento de escribir este artigo, o gañador é o “Borderlands 2, que está dispoñible por 10,19 €.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario