don-mattrick
Don Mattrick, ata fai pouco director da división de entretemento de Microsoft e agora novo CEO de Zynga, tentou que os de Redmond mercasen a compañía de xogos sociais.

En 2010, Mattrick negociou co seu fundador, Mark Pincus, a compra da compañía creadora de xogos tan coñecidos como o FarmVille, mais parece que agora as negociacións enfriáronse debido as malas cifras económicas da compañía tanto pola caída no número de xogadores, como no valor das súas accións en bolsa.

Éste é un dos retos máis importantes que afronta Mattrick no seu novo posto: relanzar a que no seu momento foi a maior creadora de xogos para a rede social Facebook, pero que recentemente cedeu ese posto a King.com, creadora, entre outros moitos do popular Candy Crush Saga.

Veremos se Don é capaz de gañarse o cuantioso soldo de algo máis de 19 millóns de dólares que recentemente se fixo público que gañaría.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario