NBA2k14 terá equipos europeos

Por: Sábado, 6 de Xullo de 2013

NBA-2K14-portada-LeBron-James

A exitosa franquicia de 2K Sports adicada ao baloncesto, NBA2k, da que anunciamos a súa portada recentemente, contará por vez primeira coa opción de xogar con equipos da Euroleague. Logo de que o ano pasado se fixera un guiño aos xogadores non norteamericanos incluindo de comentaristas do xogo a habituais das retransmisións polas que aquí podemos seguir a NBA, coma Antoni Daimiel, este ano van un pouco máis aló, e logo do pertinente acordo de licencias, poderemos optar a xogar con equipos da Liga Endesa (antes ACB) coma o F.C. Barcelona, o Real Madrid, Unicaja de Málaga ou Laboral Kutxa de Vitoria.


Acordo do que se beneficiarán ambas partes, en palabras de Jason Argent, vicepresidente de Operacións Deportivas de 2K Sports:

Estamos absolutamente encantados de poder dar a benvida aos mellores equipos da Euroliga na serie NBA2K.

O basquet europeo ten unha incrible cantidade de apaixoados siareiros e estamos moi contentos de dar aos fans a oportunidade de pórse aos mandos cos mellores equipos de Europa en NBA2k14.

nba2k14-euroleague

O madridista Sergio Llul defendendo nun partido da Euroleague en NBA2k14

Serán en total 14 os equipos xogables, sendo a lista completa, ademais dos catro anteriores: Alba Berlín, CSKA de Moscova, Emporio Armani Milan, Montepaschi de Siena, Fenerbahçe Ülker, Anadolu Efes, Olympiacos, Panathinaikos, Maccabi Electra de Tel Aviv e Zalgiris Kaunas.

Cabe lembrar, que manténdose as plantillas destes equipos como están actualmente, poderíamos ter a opción de xogar con xogadores que pasaron por equipos galegos, coma é o caso de Sthepane Lasme ou de Brad Oleson, entre outros.

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario