Final Fantasy VII chega a Steam

Por: Xoves, 4 de Xullo de 2013

FF7logo

 O mítico xogo de Squaresoft (hoxe Square-Enix) púxose hoxe á venta en Steam con algúnhas novidades sobre o que puidemos ver no maravilloso orixinal de PlayStation.

 Como non podía ser doutro xeito os logros chegan a esta nova edición do clásico; son 36 logros en total que testemuñan até onde se ten chegado e o que se ten logrado da man de Cloud e compañía. O gardado na nube é tamén unha nova posibilidade desta versión, posibilitándonos o desfrutar dos nosos avances en mais dun PC. O xogo chéganos tamén optimizado para poderse xogar nos novos sistemas operativos sen ningún problema.

 A novidade mais polémica é sen dúbida o “editor” que nos permitirá “trampear” para obter mais gil, HP ou PM con so darlle a un botón, o que pode eliminar parte importante do reto que plantea o xogo e fai que poda superarse sen ningún esforzo.

 O xogo pódese adquirir por 10´99 euros. Estes son os requisitos:

Minimo:

OS:Microsoft Windows XP/Vista/7 (32/64bits)

Processor:2GHZ

Memory:1 GB RAM

Graphics:DirectX 9.0c-compatible graphic card

DirectX®:9.0cHard Drive:3 GB HD space

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario