nintendo-wii

 Varios canais das aplicacións on line da consola de Nintendo atópanse xa borrados da súa oferta de servizos. Os afectados son a canle Nintendo, a de novas, a do tempo, a canle opinións e a de concursos Mii. A medida foi comunicada aos usuarios por un correo electrónico de Nintendo. A compañía xaponesa non deu moitas explicacións sobre o sentido destas medidas, pero están a ser vistas como unha maneira de ir “baixando a persiana” de Wii a fin de estimular as ventas da súa nova máquina, Wii U, que non remata de despegar.

 Mantense polo momento a tenda on-line, na que calqura xogo descargado pódese pasar de balde a Wii U. A medida non parece ter causado moita sorpresa, xa que Nintendo non está apoiando xa á  Wii mediante o desenrolo de xogos, e parece decidida a dar por finiquitada a andadura da que foi unha das súas consolas mais exitosas.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario