Como podo xogar con eses cartuchos doutros países que tanto se ven no “ebay” nas miñas consolas clásicas? Como podo facer para que a miña NES saque son estéreo? Que solución teño ante os quencementos esaxerados dos meus sistemas de entretemento de toda a vida que non teñen ventilador interno? Con esas e outras preguntas similares un pode acabar o día mirando na rede e atopar titoriais, artigos e todo tipo de axudas para algo que quizais non soubera: as posibilidades que existen para modificar as nosas consolas para poder gozar de características técnicas que non ofrecían ao compralas no seu día e todo iso sen ser enxeñeiro nin ter demasiados coñecementos de electrónica xeral. O chamado “modding” no seu termo inglés ou máis coñecido polas nosas terras como “bricolaxe consoleiro”.

As modificacións que se poden atopar van dende cambiar artísticamente a imaxe exterior da consola ata truquiños para que unha consola execute xogos doutras rexións en principio incompatibles, novas saídas audio/video en sistemas que son teñen a típica de antena RF, son estéreo ou pseudo estéreo en sistemas “mono”, interruptores para cambiar a rexión (o que afecta á velocidade e visualización), trocar ou engadir “luceciñas” ou “leds”, ou mellorar os mandos de control con botóns e pancas novas máis “amigables”.

Non vou converter este pequeno artigo nun manual de aparellos mellorados, sinxelamente póñovos unhas poucas imaxes que demostran ata onde poden chegar estas modificacións e anímovos a indagar no tema e a probar de facer algunha.

NES Mario

NES Mario

NES á vista

NES á vista

Mega Drive pancas de rexión

Mega Drive pancas de rexión

Game Boy carcasa elegante

Game Boy carcasa elegante

E de propina, un vídeo cunha espectacular modificación da Super Nintendo que inclúe decoración exterior, reixas laterais de ventilación, luces, alimentación interna, botón de rexión e panel numérico que mostra o cambio de rexión en MHz.

Todo o anterior coñécese tamén como potenciación de consolas, pois hai outro xeito de modificar un sistema de videoxogos, que é o “túning” ou “reconversión”, que consiste en toladas que van dende facer dunha Super Nintendo unha torradora ou converter una Mega Drive nun corpo de guitarra eléctrica. E tamén está o tema de fabricar as nosas propias consolas, pero eses son outros temas.

Sobre o autor:

@darkinferno1981 | Ver as entradas publicadas por darkinferno1981 »

«Dende pequeno había ordenador na casa, un Spectrum 48K, polo que o meu destino estaba marcado: ía xogar con estes aparellos de luz e cor moito tempo. A paixón polos videoxogos remataron de asentala en min as consolas domésticas, principalmente as do fontaneiro nipoitaloamericano, sendo hoxe en día estes trebellos de 8 e 16 bits os que me segen a facer pasalo ben. Son un tipexo retro; onde hai pixel, hai alegría.»

1 Comentario a “Lavado de cara consoleiro (e máis aló)”

  1. anxo_cruel di:

    o do cambio de rexión na megadrive non lle vexo utilizade xa que che compensa máis mercar un cartucho con palancas por se están protexidos,eu teño un para facer da miña megadrive unha rexión free é un cartucho que metes o xapones ou americano por riba e cunhas palancas quitas as protecións que teñan,hai cartuchos sen esas palancas pero os protexidos non chos adaptara e non che funcionarán de todas formas merqueino fai uns anos e non lembro que me fose caro,ademáis as megadrive pal a menos que modifiques a ranura non che entran os xogos xaponeses,no cartucho que digo eu si,é similar ao sonic & knucles que viña unha ranura enrriba

Deixar un comentario