steam_trading_large_verge_medium_landscape

A compañía norteamericana Valve estendeu a todos os usuarios o acceso aos cromos Steam, tamén coñecidos como Steam Trading Cards. Os cromos Steam son cartas virtuais que os usuarios poden obter xogando. A compañía anunciou que hai 30 xogos nos que se poderán obter estas cartas, incluíndo máis cada semana. Algúns dos nomes son coñecidos por todos como Team Fortress 2, Super Meat Boy, Dota 2 ou Counter Strike: Global Offensive. No caso de completar unha colección de cromos, o usuario ten a opción de crear unha insignia para o seu perfil Steam. Estas insignias distínguense do resto porque poden desbloquear contidos exclusivos como fondos de perfil, emoticonos ou cupóns.

Este novo aspecto da plataforma está directamente relacionado co novo cambio de “look” do perfil de usuario. A actualización céntrase máis na actividade do usuario dentro da comunidade e os videoxogos aos que adica o seu tempo. Inclúe ademáis a opción de elixir o que se quere mostrar no perfil: logros, xogos favoritos ou mods creados, interrelacionando todas as características de Steam.

12

Un cambio fundamental é a inclusión dun sistema de niveis e un indicador de experiencia estilo RPG. Cada insignia conseguida por Steam aumenta puntos de experiencia. Estas insignias poden conseguirse participando en eventos e ventas, coleccionando cromos ou disfrutando dalgunhas das outras opcións da comunidade Steam.

Sobre o autor:

Loge | Ver as entradas publicadas por Loge »

«Comecei no mundo dos videoxogos na compaña do meu pai e as aventuras de Lucas Arts. Desde ese momento o proceso foi imparable: Unreal, Duke Nukem, Quake, Age of Empires, Black & White, Tom Raider, Bioshock... Hai que defender a idea de que os videoxogos son unha experiencia ao mesmo nivel que o bo cine, non un simple entretemento. Alégrome de ter sido criado neles desde pequeno e observar a evolución deses píxeles nunha realidade virtual con centos de oportunidades.»

1 Comentario a “Valve estrea os cromos Steam e actualiza o perfil de usuario”

  1. Luisa di:

    ¡Hey! Me ha encantado. La verdad es que Steam se está imponiendo con todas estas opciones personalizables, tan para todos los gustos y tan interactivas. Una aplicación que se renueva y renueva…

Deixar un comentario