the-crew-logo
O pasado E3, a compañía Ubisoft presentou este MMO de condución como o xogo máis grande endexamáis feito, cun mapa que era os propios Estados Unidos. Todos pensamos que sería a típica esaxeración por parte do creador, pero segundo os datos que van publicando, o xogo terá máis de 10.000 quilómetros de estradas, algo realmente impresionante. O que non queda de todo claro é se nesa cifra tamén inclúen os camiños de terra que puidemos ver no tráiler, pero mesmo así, chama a atención o impresionante tamaño que terá.

O videoxogo estará dividido en 5 rexións diferentes que se irán desbloqueando segundo se avance no xogo, así como novos coches e características. Outra característica que chama a atención é que non haberá límite de xogadores nunha sesión multixogador.

O seu lanzamento está previsto para 2014 en PC, PS4 e Xbox One.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario