Os piratas chegan a Guild Wars 2

Por: Mércores, 26 de Xuño de 2013

92006New-Aetherblade-Armor-Skins

Os usuarios do xenial MMO gratuito de ArenaNet están de noraboa pola nova actualización do xogo, que trae da man varias novidades.

En primeiro lugar hai unha nova mazmorra de historia. Trátase dun reto moi esixente que nos medirá aos piratas filoetéreos e á súa lexendaria capitana. Nesta e nas demais localizacións atópanse agora maior variedade de premios e trofeos.

O xogo tamén benefíciase agora dun importante reaxuste de habilidades, que pretende equilibralas e redeseñar aquelas que eran mais impopulares para os usuarios. Outro dato importante é que as areas PvP persoalizadas e mais o modo espectador deixan de ser beta.

A actualización chega ademais acompañada dunha nova novela sobre o universo do xogo; “Guild Wars: Sea of sorrows”, terceira novela orixinal de GW, escrita por Ree Soesbee, deseñador narrativo do xogo.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario