dragon-quest-x
Segundo confirmou a compañía nipona Square Enix recentemente, o que era unha exclusiva para Wii U, chegará tamén ao mercado dos ordenadores do Xapón.

A versión de Wii U conseguíu na súa primeira semana no mercado vender máis de 33 mil copias no mercado nipon, mellorando tamén as cifras da videoconsola de Nintendo.

Para os que dominades o idioma xaponés e tedes un equipo con potencia suficiente, está dispoñible para descargar unha versión beta nesta páxina.

O lanzamento da versión completa do videoxogo está prevista para o vindeiro 26 de setembro por uns 3.990 yens (uns 38,50 Euros). Polo de agora, nada se sabe do seu posible lanzamento no resto de mercados.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

1 Comentario a “Square Enix lanzará «Dragon Quest X» para PC no Xapón”

  1. Moucho Branco di:

    O desta saga con occidente é terríbel, nunca a cheiramos. O VIII foi do mellor de PS2.

Deixar un comentario