borderlands-2-tiny-tina-assault-on-dragon-keep
Gearbox Software ven de publicar un vídeo de 5 minutos de duración coas escenas iniciais do próximo DLC para o Borderlands 2: Tiny Tina’s Assault on Dragon Keep.

Este DLC adentrará ao xogador nun xogo creado pola fantasía de Tiny Tina chamado “Bunkers and Badasses”.

Será o derradeiro DLC para o modo campaña que forme parte do pase de tempada do Borderlands 2, xunto cos anteriores “Captain Scarlett and Her Pirate’s Booty”, “Mr. Torgue’s Campaign of Carnage” e “Hammerlock’s Big Game Hunt”.

Gearbox confirmou que “Tiny Tina’s Assault on Dragon Keep” estará dispoñible o vindeiro 25 de xuño por 800 Microsoft points ou 9,99 en PS3 e Steam.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario