CliffAMA

O pai do motor gráfico Unreal Engine e da famosa saga Gears of War mencionou no Twitter hai uns días que as políticas restritivas da Microsoft no tocante á segunda man e á conexión obrigatoria á internet eran necesarias para cubrir os altos custos de desenvolvemento e produción dos xogos que aparecerán na vindeira xeración.

No entanto, Microsoft emitiu onte un comunicado onde modificaban moitas destas características por causa da enorme cantidade de queixas dos consumidores desde que a Xbox One se amosou no mes pasado.

A pesar da boa recepción da mudanza por parte das compañías, analistas e consumidores, Cliff cargou aloucadamente contra Microsoft alegando que se non se restrinxe a segunda man, os custos tan exaxerados dos novos xogos non poderán cubrirse e as compañías máis febles terán que pechar as portas, deixando sen traballo a moitos creativos. Non se esqueceu de atacar os usuarios que protestaron coas vellas medidas, dicindo o seguinte:

Quero que os creativos que deixaron o cu traballando vexan diñeiro por cada copia do seu xogo que vendan en vez de que o faga Gamestop. Estou tolo, verdade?

ídevos preparando. Máis pagamentos no multixogador e contidos descargables se achegan. Tamén ides a ver como se van a disparar as microtransaccións.

 

Sobre o autor:

@Nero | Ver as entradas publicadas por Nero »

«Levo máis de 20 anos xogando a videoxogos, comecei no meu Comodore 64 repartindo patadas co Last Ninja II, pasando por a Super Nintendo e a Game Boy Pocket no campo consoleril ata chegar as máquinas da presente xeración. Amante do xénero J-RPG e aficionado os xogos de acción, degustar historias e mundos oníricos e a miña paixón como gamer.»

3 Comentarios a “Cliff Bleszinski critica duramente o cambio de políticas de Microsoft”

  1. Skaltum di:

    Fai anos, cando era o “Boom” do Gears of War até me caía simpático o tipo este, agora cada vez que abre a boca é para dicir algo a favor das multinacionais e en contra dos usuarios.

  2. Moucho Branco di:

    Que noxo lle teño a este tipo, sería mais parvo que o guión dos seus xogos se iso fose posíbel.
    Os creativos xa gañaron cartos con esa copia cando foi vendida no seu momento, Mr. Blezinski, cantas veces queren vender a mesma copia dun xogo?. Se esa copia apodrece no meu armario sen se tocar ou se decido venderlla a un amigo ou a un descoñecido é algo no que ninguén ten porqué meterse… Eu non sei quen lle diría a estes usureiros que unha persoa que merca un xogo de segunda man por 20 euros estaría disposto a pagar 70 polo mesmo xogo… por algo non o mercaría novo no seu momento, digo eu.

  3. Tansito di:

    E dices ben. A min preocúpame máis o tema de que se aproveiten da segunda man para engadir máis dlc’s e seguramente máis copias dixitais que sexan máis sinxelo de controlar, unha excusa barata para gañar máis cartos.

Deixar un comentario