Final_Fantasy_XV_Logo

Segundo revela a revista líder do sector no Xapón, Famitsu, está fora de toda dúbida que non haberá versión Wii U da nova entrega de Final Fantasy. A versión de PC estudaríase de darse unha serie de circunstacias, e o motivo é o mesmo en ambos casos; os altos requisitos técnicos.

Final Fantasy XV require sistemas que soporten DirectX 11, o que descarta automáticamente a máquina de Nintendo, pero ademais, os seus desenroladores consideran que os requisitos en PC serían moi elevados, de xeito que so resultaría xogábel en PC de gama alta. Partindo desta valoración previa, Square Enix quere coñecer se a demanda do xogo en PC sería suficiente para arriscarse a lanzalo nesta plataforma.

Hai que sinalar que tradicionalmente a relación do rol xaponés, (ou J-RPG), nunca foi moi estreita co PC, xusto ao contrario que a do Rol occidental. Baseándonos nos antecedentes é moi probábel que o xogo si remate vendo a luz na súa versión para Windows, aínda que seguramente con bastante restraso sobre as versións para consolas de nova xeración.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

1 Comentario a “Final Fantasy XV, descartado en Wii U, podería chegar a PC.”

Deixar un comentario