MGS5 permitirá crear misións propias

Por: Venres, 14 de Xuño de 2013

mgs5
Segundo as declaracións de Hideo Kojima nunha entrevista durante a celebración do E3 2013 fai uns días, en Metal Gear Solid 5: The Phantom Pain os usuarios poderán crear as súas propias misións de xogo, grazas sobre todo, á maior libertade de acción e movemento que o xogador terá dentro do mundo do xogo.

O primeiro motivo polo que quixen facer un mundo aberto é porque quería crear un mundo con maior libertade e que permitise aos usuarios crear o seu propio xogo.

O outro motivo é que queriamos empregar múltiples dispositivos para este xogo. Así que empregando tablets e smartphones tamén podes desfrutar MGS5 e crear misións propias dentro do mundo. Ese é outro motivo polo que tiñamos que facer un mundo aberto – se fose lineal, non poderiamos facer iso.

Na entrevista, non entrou en moitos detalles sobre á que se refería exactamente coas “misións creadas polos usuarios”, pero a posibilidade de poder crealas nun mundo de Metal Gear Solid é enorme.

Por outra banda, Kojima anunciou que Metal Gear Solid terá unha gran sorpresa nas tendas para os fans de MGS, deixando entrever unha innovadora característica nunca antes vista.

Esta nova entrega da saga Metal Gear Solid, aínda sen data de lanzamento confirmada (previsto para este 2013, iso si), estará dispoñible para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

No trailer de MGS 5 que puidemos ver durante a conferencia de Microsoft no E3 puidemos ver, ademáis do mundo aberto, efectos meteorolóxicos en tempo real, varios tipos de transportes, paso do tempo realista, entre outras cousas. Por se aínda non o víchedes:

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

2 Comentarios a “MGS5 permitirá crear misións propias”

  1. Nero di:

    Por cada anaco de información nova que aparece máis hype teño que soportar nas costas. Maldito Kojima e maldita a sua xenialidade a hora de facer videoxogos xD.

  2. Skaltum di:

    Gustaríame saber a que se refire concretamente, mais “crear as nosas propias misións?”… Mantereime a un lado até saber exactamente o que é, mais tampouco é que me soe demasiado ben, pero claro, eu teño o MGS 3:Snake Eather como cumio dos Metal Gear. Chegará á súa calidad?? Tendo en conta a cuarta entrega……….

Deixar un comentario