cliffyb
Cliff Bleszinski, deseñador de Gears of War e ex-director de Epic Games está a defender firmemente na súa conta de Twitter as políticas coas que Microsoft pretende acabar co mercado de xogos usados.

Aqueles de vós que me dicides “entón simplemente baixade os orzamentos”, sabedes o estúpido que soades, non?

É por iso que se está a ver a liberdade de xogar e microtransacións en todas as partes. O modelo de 60 dólares o día do lanzamento estase a desmoronar.

A fidelidade visual e conxuntos de recursos que esperamos de xogos agora veñen con altos custos. Os xogos Assassin’s Creed están feitos por milleiros de desenvolvedores.

Non podes ter orzamentos de xogo e márketing tan elevados mentres existan tamén os xogos usados e alugados. Os números NON funciona, xente.

Tampouco desaproveitou o rebumbio xerado para mostrar a súa postura no debate en torno a que a Xbox One requira a conexión aos servidores cada 24 horas, impedindo ás persoas sen conexión a posibilidade de poder xogar na nova videoconsola de Microsoft:

Se podes permitirte pagar Internet de alta velocidade e non podes obtelo onde vives dirixa a súa rabia a quen é responsable do seu bloqueo.

Paréceme que o amigo Cliff debería aprender algo das recentes declaracións dun tal Shigeru Miyamoto esta mesma semana:

Nós non temos unha posición especial en canto aos xogos usados. A nós non nos preocupan tanto os xogos usados, como realmente isi nos preocupan as copias ilegais dos xogos. Ao crear os xogos que creamos e vendelos, permítenos seguir creando novas versións destes xogos.

Estamos máis preocupados pola piratería e pensamos que os xogos usados son outra historia. De feito, dende a nosa perspectiva, queremos crear un xogo que os xogadores vaian querer seguir e seguir xogando durante moito tempo. Esta é a visión que sempre tomamos e esa é a mellor forma de evitar os xogos usados.

.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

2 Comentarios a “Cliff Bleszinski defende en Twitter as políticas anti-xogos usados”

  1. Moucho Branco di:

    Este tipo é idiota, pero de sempre, ademais. Non ser fan dos seus xogos tamén axuda a poñelo en perspectiva, 😛

  2. Skaltum di:

    Shigeru Miyamoto, pai de parte da felicidade da miña infancia e adolescencia. Humilde e sabio.

Deixar un comentario