Peter-Moore-EA-Battlefield-Conferencia-E3-teamplayers.jpg-600x369

Peter Moore, director de operacións de Electronic Arts, ven facer unhas declaracións á revista Polygon que contradín o argumentario de Microsoft de escudarse nas third parties para xustificar o seu ataque á liberdade dos usuarios. Lembremos que, precisamente, a implicación de EA de xeito moi especial no desenrolo de xogos para Xbox One foi un dos eixos centrais da conferencia de presentación da nova máquina de Microsoft.

Moore, sen embargo, sitúa o mercado da segunda man moi lonxe das preocupacións da súa compañía; “Como son o tipo que dirixe as operacións de electronic Arts, pódovos dicir que EA non será agresiva cos titulares das plataformas nin para poñer unha porta que permita ou non os xogos usados. Son un defensor dos xogos usados. Encántame o seu ecosistema”.

Tendo en conta que EA ven de eliminar os pases on line, parece que o xigante da industria quere cambiar a súa imaxe tras dous anos sendo escollida como “peor compañía de América”. Será Microsoft a sucesora en tan dubidoso honor?.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

1 Comentario a “EA declárase contraria ao veto aos xogos usados.”

  1. bozak di:

    Se non cambiaban de política iban perder moito coma compañía.

Deixar un comentario