Lords-of-the-Fallen-4

 A nova franquícia de rol, que chega co aval de Tomasz Gop, productor exectutivo dos dous primeiros “The Witcher”, deixanos ver por vez primeira a estética que lucirá cando chegue a nós ben entrado o 2014. Trátase dun RPG de ambientación escura, pero que segundo imos vendo apostará menos polo realismo adulto que o xigante do rol polaco.

 Argumentalmente os paralelismos con “The Witcher” parecen estar no punto de partida, ao meternos na pel dun antiheróe masculino rexeitado pola súa sociedade pero no que esta ten que depositar as súas esperanzas. Ese noso protagonista, que responderá ao nome de Harkyn, será personalizábel, e poderémolo conducir por un mundo aberto a través de moi duros combates a fin de deter a guerra dos crentes do deus caído.

 Haberá que seguir agardando polo momento a ver imaxes do xogo en movemento e poder coñecer detalles da súa xogabilidade.

e3_screen_03 (1)

e3_screen_01

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario