EA non ten preparado ningún xogo para Wii U

Por: Venres, 17 de Maio de 2013

EA-WIi-U

Xa falamos noutras ocasións que a nova consola de sobremesa de Nintendo está perdendo o apoio de múltiples compañías á hora de lanzar videoxogos para esta.

Agora é o turno de EA, unha das compañías máis importantes no ámbito, a cal dixo que polo de momento non ten preparado sacar absolutamente ningún xogo para a Wii U.Cero xogos.

EA xa se mostrara contraria a esta consola dicindo que o seu motor Frostbite non collía na Wii U, mais de isto a non sacar absolutamente ningún videoxogo hai un paso xigante, un paso que debería preocupar a Nintendo.

Só queda pensar cal foi o motivo que empurrou a EA tomar esta decisión, mais divagacións á parte, Nintendo queda sen o apoio dunha das compañías máis fructíferas do panorama videoxoguil.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario