just cause

Cal será a estratexia de Nintendo coa súa nova consola de sobremesa?

Eu non a sei, mais eles deberían comezar a fixarse se están polo camiño adecuado porque cando as compañías comezan a non dar soporte a esta consola é que algo mal se está facendo.

A última en amosarse contraria a esta consola foi Avalanche Studios, creadora de Just Cause.

A verdade é que temos algúns kits de desenvolvemento de Nintendo Wii U que están aí, collendo po. Penso que é unha plataforma “guai” e todo iso, mais agora mesmo non é para nós.

Nintendo, dende o noso punto de vista, sempre foi moi difícil de alcanzar. Nunca sabes como poñerte en contacto con eles.

Despois destas palabras podemos entender que a terceira entrega de Just Cause non chegará a esta plataforma e mentres, no mundo de Nintendo, seguen eles mesmos sacando os seus propios xogos para intentar que as desenvolvedoras se animen.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario