Shinji Mikami anuncia “The Evil Within”

Por: Venres, 19 de Abril de 2013

(Imaxes exclusivas de IGN, e amosan máis información do xogo que o propio tráiler)

Ao mellor o nome de Shinji Mikami non vos di nada, mais se vos digo que é o pai de títulos como Resident Evil ou Devil May Cry comezades a comprender a expectación que está provocando co seu novo proxecto.

Bethesda foi a que sacou á luz o anuncio do seu próximo videoxogo, The Evil Within, un título non apto para menores de idade e que promete sustos e medo por partes iguais.

Estas foron as palabras de Mikami:

No noso equipo estamos centrados en crear unha nova franquicia que proporcione aos fans o equilibrio perfecto entre terror e acción.

Tamén confirmou que The Evil Within sairá en 2014 para PC, Xbox 360,PS3 e consolas de próxima xeración.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario