O primeiro Sonic chegará a Android e IOS

Por: Luns, 8 de Abril de 2013

sonic-android

Parece ser que SEGA non sabe realizar máis Sonic, abonda con ver os fracasos de cada título que sacan ao mercado.

Mais tampouco se pode dubidar que os primeiros Sonic son excelentes xogos que marcaron a máis dun xogador, e Sega, consciente deste feito non se quere arriscar e adaptará a primeiro Sonic ás plataformas Android e ISO.

Parece ser que Sonic The Hedgehog chegará este mesmo mes a Google Play a un prezo de 2.99€, e aínda que a IOS aínda non está confirmado, todo apunta que aterrará máis ou menos ao mesmo tempo.

Porque vale máis Sonic coñecido, que malo por coñecer.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario