Primeiro vistazo ao Battlefield 4

Por: Mércores, 27 de Marzo de 2013

battlefield-4
Como prometera na súa páxina oficial, EA presentou hoxe un vídeo con 17 minutos de xogo ca campaña dun xogador do vindeiro Battlefield 4.

No vídeo podemos ver secuencias de combate en primeira persoa así como dous vehículos terrestres. Tal e como se puido ver nun tráiler filtrado en Youtube (xa se apresuraron os de EA a eliminalo), neste xogo tamén haberá vehículos acuáticos.

A creadora do videoxogo DICE só anunciou o seu lanzamento para PC, PS3 e Xbox 360.
Polos respostas de Karl-Magnus Troedsson, manager xeral do estudio á prensa, parece que non chegará á videoconsola de Nintendo Wii U:

“Non estamos vendo a Wii U agora mesmo.”
“Lanzarémolo nas plataformas que sentimos que son axeitados para a experiencia de xogo que temos.”

Cando se lle preguntou polas vindeiras videoconsolas de Sony e Microsoft, Troedsson comentou:

“Estamos en tempos moi interesantes agora mesmo. Estamos a piques de ver algo novo. Xa formamos parte destas transicións anteriormente e sabemos as grandes cousas que traen. Pero somos DICE. Levamos nisto uns 20 anos e non damos o salto tan rápido. Nós movémonos a un ritmo constante, pisando con moito coidado.”

A falta de confirmar, a súa saída está prevista para o outono deste 2013 para PC, PS3 e Xbox 360.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario