battlefield-4

Mentres agardamos polo evento no que mañá se presentará o Battlefield 4 e pasado mañá o primeiro trailer, seguen a saír novas desta nova entrega da aclamada saga.

Electronic Arts comentou que aqueles usuarios que reservaran o Medal of Honor: Warfighter terían acceso á beta do Battelfield 4, pola súa parte, DICE comentou que os usuarios “Premium” do Battlefield 3 tamén terán acceso a esa versión beta, que estará dispoñible este mesmo outono.

Segundo comentou Karl Magnus Troedsson (Director xeral de DICE) o pasado agosto, esta nova entrega seguirá a centrarse na “guerra moderna”: “Nós sentimos que este é un lugar que pode ser e continuar a serie. Battlefield 4 pode vivir neste espazo e ter moito éxito.”

O lanzamento do Battlefield 4 está previsto para o cuarto trimestre de 2013.

Máis información na páxina oficial.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario