Lego City Undercover, o GTA amable

Por: Domingo, 24 de Marzo de 2013

GameImage

Os seareiros dos videoxogos baseados nos bonecos e pezas de Lego, e posuidores dunha Nintendo WiiU, poderán desfrutar desde esta semana, como xa contamos en Memoria Pixelada, do Lego City Undercover.

Logo de ter plasmado en videoxogos desde 2005, ao seu xeito, superheroes e varias sagas de películas (Star Wars, Indiana Jones, Batman, Harry Potter, Piratas do Caribe e mesmo o seu propio Rock Band) agora os bloques, a construción de ferramentas e o ton desenfadado trasladase a un mundo aberto en forma de historia policíaca, ao máis puro estilo sandbox, sendo o protagonista Chase McCain, un famoso detective que ten coma misión atrapar a un perigoso malo malísimo, Rex Fury. Para elo, contará coma novidade xogable, coa axuda do mando Wii U GamePad, co que escaneará os escenarios, na busca de probas e axudas.

ScreenShot_27b_720x405

Para promocionar a saída á venda do xogo, os autores crearon catro “webisodes” nos que presentan aos principais personaxes e nos que se pode ver algunha imaxe gameplay. A continuación podedes ver o primeiro dos episodios:

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario