Yasuhiro Wada anunciou hoxe que está a traballar nun novo xogo para a consola Nintendo 3DS: o Hometown Story. Normalmente, os títulos exclusivos para as videoconsolas portátiles non adoitan acadar moita atención da comunidade, pero este é un caso excepcional, xa que o equipo de desenvolvemento o forman algunhas celebridades do mundo dos videoxogos. Imos velo a fondo.

Para comezar, Wada, o director deste proxecto, xa é coñecido no mercado por crear a famosa saga de Harvest Moon. Dende 1996 coa estrea do Harvest Moon na SNES, o xaponés leva tras de seu unha morea de secuelas para todas as consolas de Nintendo: Game Boy, Gamecube, NDS, Nintendo 64, Wii…

wadaharvestmoon03242010

No apartado gráfico temos a Atsuko Nishida, o deseñador artístico da saga Pokémon. Leva deseñando todos os bosquexos da serie dende o primeiro xogo de 1996 ata os últimos títulos destes anos.

Pero probablemente o que máis destaque neste equipo é o lendario Nobuo Uematsu, compositor de música e creador das mellores bandas sonoras de videoxogos da historia, incluídos moitos xogos de Final Fantasy.

nobuo_uematsu

Hometown Story tratará sobre un rapaz e a súa tenda. O obxectivo é aumentar as vendas e expandir o negocio, e de paso coñecer aos clientes, facer amigos, solucionar os seus problemas…

Non dispomos de moitas imaxes do xogo, pero si que temos o primeiro tráiler do Hometown Story.

Sobre o autor:

Drumroller | Ver as entradas publicadas por Drumroller »

«Afeccionado aos videoxogos dende sempre. Calquera cousa que poida ser xogada é benvida á miña colección. Fan das aventuras gráficas dos 90 (Monkey Island, The Dig...) e das consolas portátiles de Nintendo. O meu soño? Conseguir algún día o famoso e cotizado Whirlo para a SNES. Aínda que antes terei que mercar unha SNES, polo que... Ah!, e ás veces tamén son youtuber.»

Deixar un comentario