Os DLC de Skyrim chegan por fin a PS3

Por: Xoves, 28 de Febreiro de 2013

Elder Scrolls 5, Skyrim

 Despois dun calvario de retrasos non sempre debidamente xustificados, os tres DLC do exitoso RPG de Bethesda dos que usuarios de PC e Xbox 360 levan meses disfrutando chegan por fin a PlayStation Store. Os contidos recibidos son “Dawnguard”, “Hearthfire”, e o mais recente “Dragonborn”. Para compensar aos usuarios da máquina de Sony polo retraso, (moi considerábel no caso dos dous primeiros) saen á venda cun desconto do 50% na primeira semana.

 Lembremos que “Dawnguard” pónnos sobre a pista duns misteriosos ataques de vampiros, engadindo un número considerábel de horas de xogo. “hearthfire” permítenos construírnos a nosa propia casa en Skyrim dende os cimentos, mentres que “Dragonborn”, pola súa banda, permítenos volver a Morrowind explorando libremente a illa de Solstheim.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario