GTA V sairá o 17 de setembro

Por: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013

Por fin Rockstar anunciou a data de saída do seu xogo estrela, así, o esperadísimo Grand Theft Auto V chegará ás tendas de todo o mundo o 17 de setembro.

Como sabemos, os rumores apuntaban que esta quinta entrega sairía en maio, máis segundo as palabras de Rockstar:

Sabemos que isto é catro meses máis tarde do orixinalmente previsto, e sabemos que este tipo de retraso será una gran decepción para moitos de vós, pero creédenos que merecerá a pena o tempo extra de espera.

Así que xa sabedes, está confirmado oficialmente, a quinta entrega dunha das sagas máis exitosas do mercado chegará o 17 de setembro. Paciencia.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “GTA V sairá o 17 de setembro”

  1. NetOverflow di:

    Sendo RockStar e vendo os antecedentes, dame a mín que esa non será a data final de saída. Estou por apostar que será aplazada. xD

Deixar un comentario