Parece que o lanzamento de grandes títulos para a portábel de Sony non acaba de “arrancar”. Entrementres, a Playstation Store serve como substituto desta carencia traéndonos títulos coma Dokuro.

Dokuro é un deses plataformas que entra directamente polos ollos, no cal teremos que rescatar unha princesa ao longo de 147 niveis cheos de trampas que sortear.

O apartado técnico convence, o desenvolvemento parece entretido, os monstros finais deben estar á altura do esperado, así como a dificultade. E a verdade, o tráiler con música clásica gusta.

Mañá poderémolo adquirir na Play Store por 14,99€.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario