Engadamos o nome de Project Shield ás consolas que estarán no mercado nun futuro próximo, xa que Nvidia acaba de anunciar esta nova portábel para dispositivos Android e PC.

Como sabemos, Android está pegando forte (recordemos que está de camiño Ouya, outra consola de sobremesa para soportar este sistema) e agora Project Shield, pero que nos ofrece exactamente?

Para os que controlen de aspectos técnicos, esta consola virá incorporada co chip Tegra 4 o cal contén catro núcleos ARM Cortex A15 acompañados doutros 72 núceos CUDA, ademáis do chamado Nvidia Computational Photigraphy Engine (especialmente para vídeos e fotografías), así como compatibilidadecon LTE.

Para o resto de humanos que non sabemos o que significa isto, dicir que poderá cargar calquera videoxogo Android como se fose no noso teléfono, abonda con descargar o título do Google Play, pero unha das súas características máis fortes é que poderemos xogar a calquera título de PC mediante streaming, é dicir, só con cargar un xogo no ordenador porderemos desfrutalo nesta portábel o que nos permite ter os xogos máis potentes do mercado na nosa man.

Polo de momento non sabemos nin datas aproximadas nin prezos, pero pode ser que chegue con forza.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Nvidia presenta Project Shield, unha nova consola portábel”

Deixar un comentario