Wii Mini confirmada oficialmente

Por: Martes, 27 de Novembro de 2012

Xa facía unha semanas que viñan correndo os rumores de que Nintendo relanzaría unha nova versión da súa consola Nintendo Wii, pois ben, acábase de facer oficial, aínda que curiosamente polo de momento só sairá no territorio Canadiense o próximo 7 de decembro.

Outro dos factores que chaman atención, ademáis do seu rápido lanzamento, será o seu prezo, uns 99,99 dólares que ao cambio serían uns 77 euros, aínda que de chegar aquí case seguro que farían o típico 1€ igual a 1$.

Obviamente Wii Mini terá un tamaño máis reducido aínda que non terá opcións de internet nin retrocompatibilidade cos xogos da Game Cube, pero supoño que non serán factores moi negativos ao ver o seu prezo.

De momento non hai confirmación de chegada ao resto do mundo algo que non me entra na cabeza, pero se o lanzamento sae dese territorio será un reclamo moi bo para todos aqueles que aínda se queren manter nesta xeración.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Wii Mini confirmada oficialmente”

  1. darkinferno1981 di:

    A verdade e que non entendo o da retrocompatibilidade e o de a conexión a internet. Sen esas dúas cousas, por que alguén ía comprala? Alguén coa Wii orixinal dende logo non ten máis motivacións que o puro coleccionismo para adquirir este modelo, pero tampouco se me ocorren motivos polos que alguén sen a Wii querería unha sen esas dúas vantaxes aínda que o prezo sea máis baixo e por menos que ocupe no estante.

  2. Skaltum di:

    Pois personalmente penso que o online de Wii non é un factor importante para a consola, máis que nada porque non se aproveita como deberían e o da retrocompatibilidade si, certo, mais penso que os que van adquirir unha Wii non é precisamente para xogar á Cube.

    Os casuals que van adquirir esta versión está claro porque será e os hardcore que a merquen serán os que queden sen xogar aos Marios e Zelda.

  3. darkinferno1981 di:

    É certo que as funcións online da Wii non dan para moito, se cadra a gracia de xogar a clásicos de sistemas “retro” e baixar demos gratuitas, pero para moitos a retrocompatibilidade é importante, pois moitos temos xogos da GameCube. Pero ben pensado, é o que ti dis, os xogadores casuais quizais non se percaten desas carencias. Está claro que se a lanzan está estudiado o asunto 🙂

Deixar un comentario