Os 10 mellores xogos da PS3

Por: Xoves, 21 de Xuño de 2012

Agora tócalle o momento á Playstation 3, polo tanto realizarei o top 10 dos mellores xogos da consola de Sony.

Como fixen anteriormente coa consola de Microsoft, intenterei mencionar aquí os dez mellores títulos do catálogo de PS3. Como sempre xa sabedes, todo opinións persoais, para gustos cores, e bla bla.

O problema recae en que moitos dos videoxogos desta xeración son multiplataforma polo que tamén se poden atopar en varias consolas, de todos os xeitos pretenderei comentar algunas das exclusividades.

Nº10 – Killzone 2

Un dos grandes FPS da xeración, cuns efectos de partículas que sumerxe ao xogador nunha guerra cruenta entre Humanos e Helghast.

Segunda entrega dun título que xa cautivou a moitas persoas en PS2 e que nesta secuela resalta aínda máis o espectáculo visual e actitudinal. Merece iniciar este ránking pola cantidade de situacións que nos propoñen, e mención aparte ao online. Horas e horas de diversión sen igual. Anos despois aterrou a terceira entrega, pero o factor sorpresa quedou completamente eliminado.

Nº9 – Ratchet & Clank: Armados até os dentes

Non vou deixar pasar a un dos poucos plataformas decentes que se atopan nunha consola maior (excluíndo a Wii), cun apartado técnico moi digno, acción a raudais e o máis importante, un sentido de humor que ningún outro xogo logra captar. Este humor está vixente nas numerosas armas que atopamos, como unha escopeta que fai que os inimigos bailen ao son de música disco…e só é un exemplo entre tantos.

Esta parella que xa nos fixo desfrutar na anterior xeración (unha lástima que Jak e Daxter non volvesen) aparecen cun xogo apto para calquera. De vez en cuando agradecese afastarse dos xa cansados disparos a todo o que se mova.

Nº8 – Fallout 3

Xogo de rol que repite presenza no ránking, porque dende logo estamos ante un dos grandes. Sei que existen diferenzas de opinións entre The Elder Scroll e Fallout, pero a miña opinión é clara e concisa, quedo con Fallout, porque o seu control é infinitamente mellor. Un xogo con máis de cen horas de xogo no que podes elexir entre facer o ben ou o mal, diferentes finais, numerosísimas e divertidas misións secundarias, etc, etc.

Se vos gusta o xénero, non o podedes deixar pasar.

Nº7 – GTA 4

O GTA tiña que aterrar nesta xeración e fíxoo polo alto, aínda que cun control que non convenceu a todo o mundo, xa que o realismo primaba ante o arcade, sobre todo no referente á condución. De todos os xeitos mantén todo o que caracteriza a un bo GTA, misións de condución, insultos, drogas,sangue, prostitutas…a estas alturas creo que sobran as palabras para definir un Grand Theft Auto.

Resaltar o seu apartado técnico que soubo madurar ante o xa visto anteriormente.

Nº6 – Batman: Arkham Assylum

Cústame demasiado escoller entre Arkham Assylum e Arkham City, polo que neste ránking tócalle á primeira parte de Batman. Un título que non deixou a ninguén indiferente, porque ninguén podía entender como un personaxe así podía protagonizar unha aventura tan, pero tan boa.

Gráficos impresionantes, un argumento de película, movementos espectaculares e decenas de retos que resolver. Para min outro obrigado sen dubidalo absolutamente nada.

Nº5 – Call of Duty: Modern Warfare 2

A segunda entrega dos Modern Warfare supuxo unha hipérbole nos videoxogos, porque se xa o anterior capítulo resultaba espectacular, neste elevábanse estas cuotas a niveis moi altos. Con bomba atómica incluída esta entrega sumerxíanos nun xogo cargado de adrenalina, acción e espectáculo. Como se unha película estuvieses vendo. Unha das mellores triloxías da xeración, ademáis compre resaltar o multixogador a pantalla dividida de certas misións que resultaban do máis entretidas.

Nº4 – Castlevania: Lords of Shadow

Supervisado pool propio Hideo Kojima, este Castlevania mestura plataformas con aventura de acción dunha maneira enfermiza para os pulgares. Adornado todo cun apartado técnico impresionate e cun desenvolvemento no que as cámaras están prefixadas para ofrecer o mellor punto de vista do espectáculo (recórdame a Onimusha) noso personaxe debe avanzar polos máis diversos lugares eliminando inimigos e consiguiendo novas habilidades que nos axudarán a chegar ao final. Divertido como poucos, e cun final…curioso.

Nº3 – Uncharted 2

A segunda entrega de Uncharted continúame parecendo a mellor de todas, aínda que mesmo erro de sempre,a súa ínfima dificultade, aínda que para solventar isto, propóñennos unha serie de situacións absolutamente espectaculares para que as nosas retinas se queden sen bágoas e nos esquezamos do doado que nos está resultando, pero o ben que o estamos pasando. Outro dos títulos que sobra clasificar, simplemente se tes unha PS3 debes ter este xogo. Non coñezo a ninguén que non lle gustase, honestamente.

Nº2 – God of War 3

Tranquilos, nin de broma me esquezo de Kratos e esta épica aventura onde controlaremos a Kratos para derrotar nada máis e nada menos que a Zeus. Cun desenvolvemento totalmente igual que os seus predecesores (brutalidade, violencia,deuses,criaturas gregas, sangue…) envolto nun apartado técnico tan brutal como o seu protagonista, dános como resultado unha das mellores aventuras da xeración. Iso si, só para maiores de idade. Salientar o tamaño dalgúns inimigos e a metodoloxía para eliminalos. Iso si, volven os QTE, así que se es dos que odias este método, síntocho, se os amas,desfruta.

Nº1– Red Dead Redemption

E como non, rematar cunha das mellores aventuras que desenvolveu Rockstar nesta xeración (e para moitos da historia).O lonxano oeste convértese no noso marco de acción onde controlamos a un cowboy que debe lidiar cos máis sanguinarios asasinos, bestas salvaxes, xogos de azar, carreiras a cabalo e un sen fin de situacións que te deixarán sen fala. O apartado sonoro é pouco menos de dez e graficamente impacta, cuns efectos de luz sobresaliente. Un xogo obrigatorio. Un sandbox que colle os elementos de GTA, transpórtaos ao lonxano oeste e mellóraos. Imprescindíbel.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

5 Comentarios a “Os 10 mellores xogos da PS3”

  1. Moucho Branco di:

    De novo discrepancia máxima; para min o nº1 seria Heavy Rain, unha absoluta revolución conceptual e narrativa maravillosamente madura. Dos que sinalas manteria Red Dead Redemption… non me van os sandbox, pero a calidade deste esta fora de calquera dubida.

  2. AmilGZ di:

    Onde está o Sonic Generations? 😛

  3. A min persoalmente, o GTA IV non me pareceu para tanto, a verdade. De todos os que xoguei da saga, paréceme un dos máis frouxos. Eu sígome quedando co “Vice City” ou o “San Andreas”… 🙂

    O FallOut 3, xogazo, como case todos os da saga.

    Tamén me gustou moito o Red Dead Redemption, aínda que o algúns dos mexicanos falen en “panchito” con acento yankee, rompéume os esquemas… xDDDDD

  4. Skaltum di:

    Pois sendo honesto eu paseino moi ben xogando á cuarta entrega de GTA, mais se teño que elixir co que me parece o mellor da saga, pois quédome co San Andreas, un título absolutamente enorme.

    Xa o pensei varias veces, a que esperan para sacar outro Red Dead coa mesma calidade que o Redemption?, coa boa crítica que tivo e se non recordo mal parece que tivo unhas ventas máis que aceptábeis. Rockstar debería pensar neste xogo e non no regularciño e aburrido Max Payne 3.

  5. Se non digo que o GTA IV sexa malo, ollo! Que eu tamén me entretiven moito con él. Simplemente que comparándoo coas entregas anteriores, foi, na miña humilde opinión, un paso atrás. A historia principal pouco orixinal, o protagonista con pouco carisma (e o resto de personaxes…pse, pse), o mapa bastante máis pequeno que a entrega anterior, por exemplo, etc.

Deixar un comentario