Confirmado Gears of War: Judgment

Por: Sábado, 2 de Xuño de 2012

Dende que Gameinformer sacou na súa portada unha silueta que cheiraba de lonxe á saga Gears of War, só era cuestión de tempo que sacasen máis información para gusto de todos os fans.

Agora xa é unha realidade, e non se deron aguantado á chegada do E3 para amosar un par de imaxes que nos mostran como vai ser.

Como podemos ver, parece que encarnaremos a Baird e Cole (compañeiros de Marcus e Dom) os que están acusados por crimes militares.

Todo apunta que será unha precuela da triloxía dirixida por Marcus Fénix e coméntase que ofrecerá máis liberdades que a triloxía orixinal.

O xogo está desenvolvido por People Can Fly, responsábeis do xenial Bulletstorm, así que podemos ter boas esperanzas neste novo Gears of War.

Esperaremos á conferencia de Microsoft no E3 para ver algo máis.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario