Os desenvolvedores non falan ben de Wii U

Por: Martes, 3 de Abril de 2012

Moito se ten falado sobre a que será a próxima consola de sobremesa de Nintendo, sobre que Wii U sería máis potente que a Xbox 360 e PS3, rectificando pouco despois dicindo que estará a un mesmo nivel e agora, tras ver os resultados dunha enquisa realizada por Gamesindustry na que os desenvolvedores probaban esta nova consola, a Wii U non queda a unha boa altura.

Estos falaron dos gráficos e todos coinciden en que non están á altura das consolas de sobremesa actuais, concretamente, “Non está ao mesmo nivel que a Xbox 360 e PS3.Seus gráficos non son tan potentes”.

Lonxe de deixar aquí o tema tamén resaltaron aspectos da tableta/mando que tanto está dando que falar:

“O problema da tableta é que só che dan unha, só podes usar unha e non é de todo independente, xa que a consola debe estar encendida e debes estar a un rango de distancia. Os outros controsi son Wiimotes ou pads de Wii”.

Xa vedes, a polémica volve saír á luz. É correcta a estratexia que está levando Nintendo con esta nova consola? Non será demasiado arriscado apostar todo a unha tableta?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario