Galiza en 8 bits

Por: Domingo, 1 de Abril de 2012

Este mapa foi tirado dunha brincadeira que fixo Google no primeiro de abril, onde anunciou unha versión do Google Maps para a NES. Se ben o cartucho da NES nunca existiu realmente, Google disponibilizou a versión en 8 bits dos mapas na web.

Fonte | Google Maps 8-bits

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario