Segundo anunciou recentemente a empresa Turn 10, en maio estará dispoñible un pack de coches da famosa marca alemana Porsche.

Dan Greenawalt, Director Creativo de Turn 10, sobre o pack de expansión: “O vindeiro paquete de expansión de Porsche para o Forza Motorsport 4 son grandes novas para os fans das carreiras e estou encantado de que fosemos capaces de traballar conxuntamente con EA para chegar a un acordo que trae unha das marcas máis icónicas do mundo do automóvil de novo a Forza 4.”

Tal e como vos informabamos anteriormente, por unha suposta intervención de Electronic Arts (propietaria dos dereitos da marca Porsche), tiveron que retirar os coches desta marca do Forza Motorsport 4.

Dentro deste DLC, incluirá 30 coches, 7 deles nunca vistos nas entregas anteriores do Forza Motorsport.
A maiores teremos dispoñibles 20 novos eventos centrados na marca, así como 10 novos logros por un total de 250 G. Tamén se engadirán novos eventos no “Modo rivais”, co que poder competir cos teus amigos ou xente de todo o mundo.

O paquete de coches estará dispoñible vindeiro para descargar o vindeiro 22 de maio por 1600 Microsoft Points.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario