Nintendo quere seguir sendo orixinal e provocativa

Por: Sábado, 24 de Decembro de 2011

Nintendo arriscouse moitísimo coa Wii e saíulle máis que ben a xogada (a nivel de ventas, por suposto, non de calidade), e parece que coa Wii U quere seguir esta estela, pero cun plantexamento no seu control aínda máis curioso.

Personalmente dubido que cone sta consola Nintendo vaia (nin queira) conquistar de novo aos hardcore-games (os que de verdade lle deron a fama que ten hoxe en día) aínda que Nintendo dixese en entrevistas anteriores que sería unha consola máis hardcore (inocente de min que me fixen esperanzas).

Ao que imos, que o presidente de Nintendo America acaba de mencionar que seguirán na mesma liña que até agora é dicir, dándolle moitísima importancia á orixinalidade e innovación, fronte a outros aspectos.

Así que creo que coa Wii U volveremos ver á Wii cunha prótese en forma de mando e pouco máis. Creo que si que venderá. Creo que si que chegará a moitos usuarios. Pero tamén creo que se seguirán centrando en xogadores pouco críticos e experimentados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario