Será este o prezo da Wii U?

Por: Mércores, 7 de Decembro de 2011

É curioso como antes de que Nintendo faga oficial o verdadeiro prezo da súa Wii U, unha tenda francesa de Carrefour xa anunciou que a poden reservar e con prezo final e todo.

E a que prezo está nesta tenda?, pois a 450.20€, tócate un collón e parte do outro.

Está claro que é tan só un rumor, e que pode ser que esta tenda con alardes publicitarios colocase esta cifra aleatoriamente, pero se fose certo paréceme un prezo descomunal, tendo en conta as especificacións técnicas que a propia Nintendo nos facilitou. Porque sexamos honestos, estamos ante unha Wii con algunha lixeira modificación e un cambio de mando (que aínda estou decidindo se será para ben ou para mal).

O certo é que Nintendo xa debería ter aprendido a lección coa 3DS, e se non queren que as súas accións volvan andar polo chan, a Wii U non debería sobrepasar os 300€.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

4 Comentarios a “Será este o prezo da Wii U?”

  1. Moucho Branco di:

    “Tócate un collón e parte do outro”?, 😛 En fin… parece un prezo moi alto para unha máquina que nace técnicamente atrasada, pero podería fácilmente ser un prezo especulativo ou abusivo na pre-reserva. Haberá que agardar a ver.

  2. Home, normalmente cando as consolas saen ó mercado, adoitan rondar ese prezo, ou algunha incluso máis.

    Certo é que nestes momentos pode parecer un prezo moi alto, pero de seguro que as colas nas tendas para mercala cando saia non van faltar.

    Un saúdo. 😉 😉

  3. Skaltum di:

    Entendámonos, se fose a próxima consola de Sony ou Microsoft (supoño que melloraran no multimedia, no apartado técnico, nas posibilidades, etc) pareceríame un prezo até baixo, pero estamos a falar dunha consola que pouca cousa mellora da actual Wii, e que a única mellora (por chamalo dalgunha maneira) é a pá que chaman mando.

    Con isto é cando me pareze esaxerado o prezo que se anuncia aquí, e por suposto que Nintendo ten moitos seguidores acérrimos,mais creo que cada vez estanse a columpiar máis e máis alto nas “randeas”, e non me extrañaría que caesen…

  4. Agrella di:

    Un precio coma ese a mín non me sorprendería no máis mínimo. Si, é excesivo apra unha máquina que basicamente é unha Wii tuneada cun ipad raro de mando, pero dende cando que os prezos foran excesivos impediu que as compañías decidiran poñelos.

Deixar un comentario