O primeiro que vou mencionar é que me da igual o que diga unha “prestixiosa” revista xaponesa sobre este videoxogo, de feito, este magazine perdeu toda a miña credibilidade dende que lle deu a nota perfecta a Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots e posteriormente a MGS: Peace Walker, un xogo que eu nin sequera aprobo.

En fin, o título do post non deixa de ser unha excusa para ver o excelente tráiler de lanzamento deste novo Zelda, a precuela de Ocarina of Time e que para moitos xa está á súa altura ou incluso superior.

Botádelle un ollo ao vídeo e desfrutade, e se queredes saber se o xogo é tan bo como dín xogádeo, porque o certo é que ten unha pinta impresionante.

Nun futuro próximo teredes a respectiva análise e opinión en Memoria Pixelada.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario