O primeiro tráiler de “GTA V”

Por: Mércores, 2 de Novembro de 2011

Fai unha semana, Rockstar comezaba unha conta atrás que remataba hoxe e que nos prometían o primeiro tráiler de GTA V, e así foi.

No vídeo podemos ver que comezamos unha vida aparentemente tranquila na cidade dos Ánxeles (baixo un nome ficticio) e cun apartado técnico lixeiramente superior ao anterior capítulo, que xa é moito.

Así que xa sabedes, a quinta parte de GTA acaba de saír á prensa o que supón que só é custión de tempo que vexamos máis datos sobre este título, e personalmente espero que no próximo vídeo saia algo de gameplay, e ver dunha vez por todas ao protagonistas que controlaremos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario