Agradécese moito ver este tráiler por varias razóns. A primeira delas é que se trata de Mario, e para unha persoa que naceu e medrou con este personaxe xa significa algo bo. E segundo porque trae certas novidades que impacientan aínda máis os seguidores do fontaneiro.

Por un lado vemos máis escenarios dos que nos mostraran (todos igual de fermosos e coloridos) e por outro lado mostra pequenas “chiscadelas” do que suporá este novo Mario. Observar por uns prismáticos para gañar unha vida, lanzarse desde un canón (que me lembrou o Mario 64), empregar trebellos para saltar máis alto, etc.

A diversión parece non rematar cun personaxe que, a pesar da cantidade de títulos que saca, continúa a ter unha calidade excelente. E así é como presta, porque sabemos que será unha aposta segura para calquera usuario da 3DS.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario