Fatalities de Smash Bros

Por: Xoves, 8 de Setembro de 2011

Aquí temos outro desos fantásticos vídeos de Dorkly nos que nos amosan algúns dos fatalities que se poderían incluir no clásico xogo de loitas de Nintendo.

P.D: Como gran admirador de Luigi non podo comprender como o empregan para levar acabo a maioría destas técnicas. Veña Luigi, que ben sabes que te escollo en todos os xogos que saes.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario