Os xogos da NES do Programa Embaixador da 3DS

Por: Martes, 30 de Agosto de 2011

Migallas de pan

Supoño que recordades todo o que supuxo que a Nintendo 3DS baixase de prezo tan drasticamente. E tamén o método que quixeron empregar os da Nintendo para acalmar a furia dos que xa compraramos a súa consola a 250 euros.

Pois claro, o seu Programa Embaixador (ese que regalaba 20 xogos a todos aqueles usuarios frustrados da Nintendo) está prestes a comezar. No día 1 de setembro poderemos descargar gratuitamente os 10 primeiros videoxogos da NES.

Os títulos escollidos son os seguintes:

  1. Super Mario Bros.
  2. Donkey Kong Jr.
  3. Balloon Fight
  4. Ice Climber
  5. The Legend of Zelda
  6. Wrecking Crew
  7. Mario Open Golf
  8. Yoshi’s Egg
  9. Metroid
  10. Zelda II: The Adventure of Link

Non sei, vós contabades con algún máis?

De todos os xeitos aínda nos resta por saber cales serán os xogos da GBA que nos obsequiarán, mais de aquí a finais de ano aínda hai tempo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario