O presidente da Nintendo, Saturo Iwata volveuse pór ao dispor da prensa para resolver dúbidas. Nesta ocasión volveu reafirmarse no que xa dixo anteriormente e ninguén creu: Que a Wii U sería unha consola que recuperaría a confianza perdida polos xogadores máis tradicionais.

Como saberedes, mesmo o creador de Mario e Zelda (Shigeru Miyamoto) recoñeceu que a Wii foi vendida para xogadores “casual”. O feito de deixar atrás a alta definición e un apoio a videoxogos máis sinxelos, chafalleiros, ruíns, ou cantos sinónimos queirades, non axudou demasiado.

Deste xeito, a idea Iwata será volver captar a atención de todos aqueles que medramos coa NES, pasamos centos de horas coa SNES e ficamos medio choscos coa Nintendo 64. Ou por dicilo doutra maneira, de captar a atención de todos aqueles xogadores que fixeron da Nintendo o que é hoxe en día.

Por un lado encántame escoitar estas palabras, mais teño tanta fe nelas como en que me toque a lotaría do Natal (e quero deixar patente que non xogo a ela). De todos os xeitos, vamos deixar pasar un tempo a adaptarse á consola, que se ha de pór á venda en 2012.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Iwata reafirma que a Wii U voltará a recuperar a confianza dos xogadores tradicionais”

  1. AmilGZ di:

    Falas da NES, da SNES, da N64… E que passa com aqueles que tivemos a Game Cube? Também somos gente de Deus de Nintendo!

  2. Skaltum di:

    Non penses que me esquecera dela, mais por unhas ventas moi febles xunto a uns xogos que non acabaron de convencer (polo menos a maioría),pensei que a Game Cube non representaba aos xogadores hardcore típicos de Nintendo.

    Sempre que falo de Game Cube sempre digo o mesmo, foi a consola da transición entre o cambio de Niintendo cara os casual gamers.

Deixar un comentario