ID Software está que non para e non se conforma con estar a crear un dos FPS máis esperados do momento,senón que lle sobra tempo para realizar unha versión para os “cacharriños” da Apple.
O certo é que aínda non lle puiden botar a man a esta versión (aceptamos análises e opinións dos lectores), mais polo que puiden observar é un xogo sobre carrís en que vemos un apartado técnico impecábel.
Pois ben, a nova chéganos desde a súa páxina de Facebook xa que acaba de chegar aos 100.000 “gústame” (aproximadamente como os de Memoria Pixelada), e ID SOftware para celebralo agasallará o videoxogo RAGE para iOS durante unha semana.
Daquela xa sabedes, se tendes un iPhone, iPad ou iPod Touch conectádevos no iTunes e descargade RAGE gratuitamente. E non vos descoidedes, que esta promoción dura só até o vindeiro xoves e despois non vale dicir que non iDiñeiro.