Edición especial do ‘Skyrim’

Por: Domingo, 7 de Agosto de 2011

Xa había tempo que non aparecían estas edicións especiais que chamasen tanto a atención do usuario, mais volvemos ás andadas con The Elder Scrolls V: Skyrim.

Sen dúbida o que máis chama a atención é que inclúa unha estatua dun dragón. Con todo, descríbovos a seguir todos os detalles desta edición para que valoredes se vos convén gastar 150$ que custa esta edición especial.

Estatua Alduin: Unha estatua de 12 polgadas fabricada en PVC.

Libro oficial de “Arte de Skyrim”: Duascentas páxinas con ilustracións, rascuños iniciais, modelos, comentarios do director, etc.

DVD de making of do videoxogo: DVD que non pode faltar nestas edicións que nos explica o seu desenvolvemento.

Eu non é que sexa moi amigo destas edicións, máis que nada polo prezo, mais se sodes afeccionados a coleccionar figuriñas podedédela reservar xa.

Lembrade que o videoxogo sairá no 11 de novembro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario