E que máis vos podo dicir alén do título? Non moito, abofé. Sabemos que vai ser un xogo que ha de bater forte, que xa hai tempo que nos ten a todos “hypeados”, que nos vai somerxer nunha aventura épica, que nos vai facer sentir o cheiro á gasolina, que nos vai enfrontar a terríbeis criaturas… e o máis importante, que nos vai manter enganchados ao comando da consola durante horas.

E aínda queredes que vos diga máis? De verdade, vede este novo tráiler e decídeme se non lle tendes gana.

A propósito, o detalle do globo asasino encantoume.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario