Codemasters: “A F1 chegará á Wii U”

Por: Xoves, 4 de Agosto de 2011

Todos aqueles amantes dos carros de F1 e que pensen adquirir a próxima consola de sobremesa da Nintendo están de parabéns. A editora Codemasters acaba de afirmar que a F1 chegará á Wii U, supondo que posibelmente xa pensen no seu próximo capítulo.

Con isto a franquía de F1 ha de aterrar en todas as plataformas, incluídas 3DS, PS Vita e Wii U. Aínda así, tocante a esta última consola, Codemasters soltou unhas palabras, dicindo que confían en que Wii U reciba un prezo adecuado.

Veremos se esta confianza está ben apoiada.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Codemasters: “A F1 chegará á Wii U””

  1. A min con que o F1 2011 non sexa tan malo como o 2010, xa me vale, porque a verdade, decepcionóume moitísimo, máis sendo Codemasters bastante veteranos no mundo dos videoxogos de carreiras.

Deixar un comentario