Está ben, os datos financeiros da Nintendo a respecto do hardware non son o que chamariamos óptimos. Mais non debemos ollar só para isto, xa que o seu software xoga noutra liga diferente.
Como exemplo, dicir que o Zelda: Ocarina of Time 3DS vendeu máis de un millón de unidades en menos de dúas semanas. Con todo, os reis da casa son o Pokemon: Black & White e o Mario Kart Wii. O primeiro leva vendidas máis de 12 millóns de unidades, aínda que esta cifra queda a un lado coas máis de 28 millóns de unidades vendidas que leva o todo-poderoso Mario Kart Wii. Unha cifra que vai acorde á súa cualidade.
Como vedes, a situación da Nintendo tamén non é tan alarmante como nos parecen vender nos medios. É certo que se topan nun “pequeno” buraco, mais supoño que acabarán por saír conforme vaian chegando novos xogos para a nova portátil.
Ou estarei a ser optimista de máis?