Sempre que un videoxogo saia das pautas habituais temos o mesmo dilema, chegará ao mercado europeo?

Pois con Catherine estabamos nese mesmo dilema até hoxe, que soubemos que o curioso e tolo videoxogo chegará finalmente a Europa. E non só iso, senón que aterrará neste mesmo ano.

A encargada de distribuír o Catherine será a Deep Silver. Aínda que non hai datas concretas, mais podemos asegurar que habemos de probar este irreverente videoxogo.

Moi poucas esperanzas tiña eu de ver ese xogo, pero agora falta o máis importante. Porque aínda que o Catherine vaia estar ao noso dispor falta ver como responden os xogadores ante un título tan raro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario